Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2018 Páx. 36813

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 372/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 372/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francesc Xavier Barros Canabal contra Agencia Efe, S.A. e Mateo Sancho Cardiel, sobre ordinario, se ditou a Sentenza co número 325/2018, con data do 6 de xullo de 2018, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, estes autos de procedemento ordinario 372/2013, seguidos por instancia de Francesc Xavier Barros Canabal, asistido polo letrado Sr. Quintáns López contra Agencia Efe, S.A., representada por José María Cernuda Fernández e asistida polo letrado Sr. Máiz Barrena, e contra Mateo Sancho Cardiel, que non compareceu ao xuízo oral, en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito esta sentenza con base no seguinte:

Resolvo que, desestimando integramente a demanda interposta por Francesc Xavier Barros Canabal contra Agencia Efe, S.A. e contra Mateo Sancho Cardiel, debo absolver e absolvo os demandados das peticións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Mateo Sánchez Cardiel, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza