Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2018 Páx. 36495

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da convocatoria dunha praza da subescala técnica, subgrupo A1, pola quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 99, do 2 de maio de 2017, foron publicadas integramente as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 129, do 7 de xuño de 2018, foi publicada resolución número 18003488, do 2 de maio de 2018, relativa á convocatoria e bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, o proceso selectivo para a cobertura de:

1 praza de técnico/a; escala: Administración xeral; subescala: técnica; clase: superior; grupo de titulación A (subgrupo A1). Sistema selectivo: oposición. Quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 14 de xuño de 2018

A alcaldesa
P.D. (Decreto 16005312, do 5.7.2016,
modificado polo Decreto 18003431, do 26.4.2018)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente de alcalde delegado da Área de
Desenvolvemento Sostible e Persoal