Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2018 Páx. 36493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 11 de xullo de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro no caso de non achegaren os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Mediante esta cédula e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade e na disposición adicional 10 do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de octubre, de non achegar no prazo de 10 días os datos e documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán polo seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril de 2014 (DOG núm. 96, do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que se deberá achegar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario, teléfonos 988 36 91 09 e 988 36 91 11.

Para que conste, sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. Queda supeditada a eficacia desta notificación á súa publicación no taboeiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ourense, 11 de xullo de 2018

Julio García Comesaña
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Alfonso Salvador Rebeca

77460903P

Victoria Christian Capuano

Y5804253X

Leonel Filipe Castro Fonseca

Y5432259H

Jesús Conde Rodríguez

34938967N

Younes Diéguez Limia

49714464X

María de los Reyes Fernández Fernández

34939429Z

María del Carmen Fernández Mouriño

44489884H

José Fidalgo Rodríguez

34705714W

José López Araújo

34962197N

Constantin Minica Teodor

X9256882A

María Deyanira Noboa Gangotena

47417229S

Gerardo Ortega Núñez

34925842C

Ana María Pazos Osorio

35461433X

Ricardo Manuel Ribeiro Vieira

Y3477125E

Brenda Rodríguez González

49710463B

Leonardo Raynier Rodríguez González

Y5285726H

José Ramón Villar Astorga

44448316B

Milton Hugo Zinola Báez

X6530931N