Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2018 Páx. 36496

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2018 pola que se notifica a resolución de arquivamento do expediente CED 26/2017.

Intentada a notificación persoal e ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante esta resolución, notifícaselle ao interesado a resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

O acto obxecto do presente anuncio non se publica na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da lei mencionada. O expediente relacionado encóntrase á disposición do interesado para que, de ser o caso, poida consultalo no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, sito na rúa Espiñeira, número 10, baixo, 15706 Santiago de Compostela.

Advírteselle ao interesado que contra a resolución, a cal esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución. Non obstante, previamente, poderá interpor un recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2018

Mª Rosa Álvarez Prada
Decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

DNI

CED 26/2017

Roberto Álvarez Méndez

34969242L