Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2018 Páx. 36426

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ponteareas

EDICTO (263/2016).

Eu, Paula Portela Lora, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ponteareas, fago saber que neste xulgado se seguen autos de procedemento ordinario número 263/2016 e se ditou resolución cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza

Ponteareas, quince de maio de dous mil dezasete.

Vistos por Francisco Juan Hernández Bautista, xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ponteareas e o seu partido xudicial, despois de ver os autos seguidos neste xulgado ao número 263/2016, por instancia de Feliz Ogando González, representada pola procuradora dos tribunais Begoña Saborido Ledo, en substitución de Anxo Manuel Fernández Saborido e asistido pola letrada Construcciones Estévez Ribeiro, S.L., en situación procesual de rebeldía, sobre xuízo ordinario, ditou a presente resolución.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decisión:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Félix Ogando González, representada pola procuradora dos tribunais Begoña Saborido Ledo, en substitución de Anxo Manuel Fernández Saborido e asistida pola letrada Construcciones Estévez Ribeiro, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada ao pagamento de 17.519,83 euros.

Condénase a demandada aos xuros do fundamento xurídico terceiro da presente resolución.

Condénase a demandada ás custas do procedemento.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que contra esta poderá interporse recurso de apelación, ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, no prazo de vinte días contados desde a súa notificación, logo de consignación da cantidade exixida para o efecto.

A dita resolución foi aclarada por auto de data 30 de maio de 2017 co seguinte contido.

Rectificar o encabezamento e decisión da Sentenza do 15 de maio de 2017, da seguinte forma, na decisión:

«Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Félix Ogando González, representado polo procurador dos tribunais Anxo Manuel Fernández Saborido e asistido pola letrada Marta Isabel González Alonso contra Construcciones Estévez Ribeiro, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada ao pagamento de 17.519,83 euros.

Condénase a demandada aos xuros do fundamento xurídico terceiro da presente resolución.

Condénase a demandada ás custas do procedemento».

No encabezamento debe dicir:

«Vistos por Francisco Juan Hernández Bautista, xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ponteareas e o seu partido xudicial, despois de ver os autos seguidos neste xulgado ao número 263/16 a instancia de Feliz Ogando González, representados polo procurador dos tribunais Anxo Manuel Fernández Saborido e asistidos pola letrada Marta I. González Alonso contra Construcciones Estévez Ribeiro, S.L., en situación procesual de rebeldía, sobre xuízo ordinario, ditou a presente resolución».

E para que lle sirva de notificación en forma a Construcciones Estévez Ribeiro, S.L. expido a presente.

Ponteareas, 28 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza