Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2018 Páx. 36268

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barro

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual número 3 do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobada inicialmente a modificación puntual número 3 do Plan xeral de ordenación municipal, mediante o Acordo do Pleno do 4 de xullo de 2018, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello no enderezo https://barro.sedelectronica.gal

Quedan suspendidas as licenzas para as seguintes áreas que figuran grafadas na modificación proposta:

– Sistema xeral viario MP3-1.

– Sistema xeral viario MP3-2.

– Sistema xeral viario MP3-3.

A duración máxima da suspensión será de dous anos e extinguirase en calquera caso coa aprobación definitiva do planeamento.

Barro, 12 de xullo de 2018

Xosé Manuel Fernández Abraldes
Alcalde