Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2018 Páx. 36267

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de normalizador lingüístico.

Mediante o Decreto da Alcaldía 2017/G003/000159 foi aprobada a oferta de emprego público.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 36, do 21 de febreiro de 2018, publicáronse as bases xerais do proceso selectivo para unha praza de normalizador lingüístico.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 121, do 27 de xuño de 2018, publicáronse as bases específicas reguladoras da convocatoria do proceso de selección de persoal laboral fixo, mediante sistema de concurso-oposición, para o acceso a unha praza de normalizador lingüístico.

Abegondo, 10 de xullo de 2018

Alberto Seoane Brandariz
Alcalde en funcións