Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2018 Páx. 35292

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 553/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 553/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Joaquín Pájaro Varela contra a empresa Mármoles Alende, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Fallo:

Estímase a demanda interposta por Joaquín Pájaro Varela contra Mármoles Alende, S.L., e declárase a improcedencia do despedimento efectuado pola demandada con efectos do 30 de xuño de 2017 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a que readmita o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 52,74 euros diarios ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 1.885,53 euros por despedimento improcedente.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

Condeno, así mesmo, a empresa a aboar ao demandante a cantidade de 2.324,64 euros como cantidades debidas en concepto de liquidación final, máis o xuro de mora do 10 % sobre a dita cantidade.

Todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mármoles Alende, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza