Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2018 Páx. 35218

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2018 pola que se adxudican as axudas do anexo II, modalidade B, da Orde do 30 de abril de 2018, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

A Orde do 30 de abril de 2018 (DOG núm. 98, do 24 de maio), establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (en diante, GAIN), en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

O obxecto da modalidade B do Programa de apoio á etapa posdoutoral é outorgar axudas ás universidades do SUG para dar continuidade á formación das persoas investigadoras que obtiveron unha praza na convocatoria do ano 2014 da modalidade A do Programa de formación inicial da etapa posdoutoral do Plan I2C, que permaneceron nel ata o 30 de abril de 2018 e que acadaron unha avaliación positiva, e para aquelas persoas investigadoras da convocatoria de 2013 que por circunstancias especiais tivesen concedido o aprazamento da avaliación e acaden unha avaliación positiva, mediante o financiamento dun contrato de dous anos de duración nunha universidade do SUG.

No artigo 2 da orde de convocatoria determínase quen pode ser beneficiario e no artigo 2 do anexo II os requisitos que deben cumprir as persoas candidatas ás axudas da modalidade B do Programa de apoio á etapa posdoutoral.

De acordo co establecido no artigo 9 desta convocatoria, unha vez analizadas as solicitudes, publicáronse as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas e as entidades solicitantes tiveron un prazo de dez días naturais para formularen reclamacións para emendar erros e falta de documentos das persoas interesadas, ante a Secretaría Xeral de Universidades. Unha vez que se recibiu e se examinou esta documentación, publicouse a lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas.

As solicitudes foron avaliadas por un equipo avaliador formado por persoas expertas de fóra do Sistema universitario de Galicia (SUG), coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), a partir da documentación indicada no artigo 4 do anexo II da convocatoria e segundo o baremo que se indica no artigo 5 do mesmo anexo.

O resultado desta avaliación entregóuselle á comisión de selección definida no artigo 10 da orde de convocatoria, que elaborou un informe para o órgano instrutor en que figuran as entidades beneficiarias, xunto coa prelación das persoas candidatas a seren destinatarias das axudas.

A competencia para resolver estas axudas correspóndelle á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de acordo co artigo 11 da convocatoria.

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 10 das bases da convocatoria e atendendo á proposta de concesión elevada polo órgano instrutor a partir do informe da comisión de selección reunida o día 17 de xullo de 2018, a través da Secretaría Xeral de Universidades,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as axudas da modalidade B de apoio á etapa de formación posdoutoral convocadas pola Orde do 30 de abril de 2018 ás entidades que contraten as persoas seleccionadas para unha praza do Programa de apoio á etapa formación posdoutoral que se relacionan no anexo I.

Segundo. Establecer unha lista de espera, que se inclúe como anexo II, para determinar posibles substitucións, segundo os criterios recollidos no artigo 10. Nesta lista figuran por orde decrecente de puntuación as solicitudes que non acadaron a puntuación suficiente para seren adxudicatarias da axuda pero que teñen unha puntuación igual ou superior á mínima establecida pola comisión de selección.

Terceiro. Todas as solicitudes que figuran no anexo I desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria. Así mesmo, as solicitudes que non figuran relacionadas no citado anexo entenderanse denegadas ou desestimadas.

Cuarto. A data de comezo dos contratos será o 31 de xullo de 2018.

Quinto. As axudas concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018 e anos sucesivos, de acordo coa seguinte distribución segundo a estrutura de pagamentos recollida no artigo 20 das bases da convocatoria.

Universidades do SUG: 20 axudas.

O importe das axudas das universidades do SUG imputarase ao Plan galego de financiamento universitario para o período 2016-2020.

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2018

2019

2020

Total

10.40.561B.444.0

UDC

1

10.605,56

39.000,00

28.394,44

78.000,00

10.40.561B.744.0

5.000,00

10.000,00

10.000,00

25.000,00

UDC

15.605,56

49.000,00

38.394,44

103.000,00

10.40.561B.444.0

USC

13

137.872,28

507.000,00

369.127,72

1.014.000,00

10.40.561B.744.0

65.000,00

130.000,00

130.000,00

325.000,00

USC

202.872,28

637.000,00

499.127,72

1.339.000,00

10.40.561B.444.0

UVIGO

6

63.633,36

234.000,00

170.366,64

468.000,00

10.40.561B.744.0

30.000,00

60.000,00

60.000,00

150.000,00

UVIGO

93.633,36

294.000,00

230.366,64

618.000,00

Total SUG

312.111,20

980.000,00

767.888,80

2.060.000,00

Sexto. As entidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Sétimo. O artigo 14 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Axudas concedidas

Universidade da Coruña.

Nº expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Compromiso uso galego

Nota avaliación

ED481B 2018/016

UDC

Bermúdez

Pita

María

*****406V

Enxeñaría e Arquitectura

Si

82

Universidade de Santiago de Compostela.

Nº expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Compromiso uso galego

Nota avaliación

ED481B 2018/017

USC

Pita

Orduna

Pablo

*****536R

Ciencias Sociais e Xurídicas

Si

98

ED481B 2018/014

USC

Serantes

Abalo

David

*****310E

Ciencias

Si

95

ED481B 2018/007

USC

Correira Pinto

Carvalho de Matos

María João

*****242K

Ciencias

Si

94

ED481B 2018/008

USC

Nieto

García

Daniel

*****116N

Ciencias

Si

92

ED481B 2018/004

USC

Quiñones

Téllez

Mar

*****747H

Ciencias da Saúde

Si

91

ED481B 2018/002

USC

López

Calderón

Carme

*****103P

Artes e Humanidades

Si

88

ED481B 2018/005

USC

García

Vázquez

María Yolanda

*****058T

Artes e Humanidades

Si

87

ED481B 2018/015

USC

Villarino

Palmaz

Lara

*****757X

Ciencias

Si

87

ED481B 2018/011

USC

Hernando

Morata

Isabel

*****460V

Artes e Humanidades

Si

86

ED481B 2018/006

USC

Roca

Fernández

Ana Isabel

*****305L

Ciencias

Si

85

ED481B 2018/010

USC

Freire

Aradas

Ana María

*****964D

Ciencias da Saúde

Si

82

ED481B 2018/009

USC

Rama

Martínez

Gustavo

*****698L

Ciencias

Si

81

ED481B 2018/012

USC

González

Ferreiro

Eduardo Manuel

*****484N

Enxeñaría e Arquitectura

Si

80

Universidade de Vigo.

Nº expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Compromiso uso galego

Nota avaliación

ED481B 2018/022

UVIGO

Lorenzo

Fernández

Paula

*****999W

Ciencias

Si

91

ED481B 2018/020

UVIGO

Domínguez

Alonso

José Manuel

*****822V

Enxeñaría e Arquitectura

Si

88

ED481B 2018/021

UVIGO

González

Villanueva

Rita

*****333H

Ciencias

Si

86,5

ED481B 2018/025

UVIGO

Prieto

Lage

Miguel Ángel

*****816R

Ciencias

Si

86

ED481B 2018/018

UVIGO

Conde

Sieira

Marta

*****118X

Ciencias

Si

84

ED481B 2018/023

UVIGO

Otero

Martínez

Nicolás

*****953H

Ciencias

Si

84

ANEXO II

Lista de espera

Nº expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Compromiso uso galego

Nota avaliación

ED481B 2018/024

UVIGO

Pozo

Antonio

José Santiago

*****648X

Enxeñaría e Arquitectura

Non

80

ED481B 2018/019

UVIGO

Delgado

Núñez

Cristina

*****324Z

Ciencias

Si

79

ED481B 2018/027

USC

Rodríguez

Outeiro

Luis

*****202H

Ciencias Sociais e Xurídicas

Si

78

ED481B 2018/003

USC

Ferreiro

Vila

Elías

*****518A

Ciencias

Si

77