Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2018 Páx. 34847

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de xullo de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 13/75 e dezaseis máis).

Na sesión celebrada polo xurado o día 14 de xuño de 2018 figuran os seguintes acordos:

Monte de Barantes (expediente 13/75), pertencente aos veciños da parroquia de Barantes, e monte Camilo (expediente 14/75), pertencente aos veciños da parroquia de Bolmente, ambos no termo municipal de Sober, e clasificados como veciñais en man común por resolucións do xurado provincial con data do 31 de xullo de 1975. Con data do 14 de decembro de 2017, ten rexistro de entrada escrito de Manuel Verao Pérez, como presidente da comunidade de Barantes, que achega un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio do o 28 de novembro de 2017, perante o Xulgado de Paz de Sober; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 10 de abril de 2018 emite un informe (nº 87/17), en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza. O monte de Barantes queda cunha superficie de 132 hectáreas e o monte Camilo, cunha superficie de 645,32 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte de Teixeira de Abaixo (expediente 132/77), pertencente aos veciños do lugar de Teixeira de Abaixo, e monte de Teixeira de Arriba (expediente 144/78), pertencente aos veciños de Teixeira de Arriba, ambos da parroquia de Penarrubia, no termo municipal de Baralla, e clasificados como veciñais en man común mediante resolucións do xurado provincial do 30 de outubro de 1978 e 17 de decembro de 1979, respectivamente. Con data do 14 de marzo de 2018, ten rexistro de entrada escrito de Ricardo Sánchez Lombardía, como presidente da comunidade de Teixeira de Abaixo, achegando un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 30 de setembro de 2016, perante o Xulgado de Paz de Baralla; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 4 de abril de 2018 emite un informe (nº 76/17) en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza. O monte de Teixeira de Abaixo queda cunha superficie de 59 hectáreas, e o monte de Teixeira de Arriba, cunha superficie de 51 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte de Teixeira de Abaixo (expediente 132/77), pertencente aos veciños do lugar de Teixeira de Abaixo, da parroquia de Penarrubia e monte de Biduedo (expediente 133/77), pertencente aos veciños do lugar de Biduedo, da parroquia de Pedrafita de Camporredondo, ambos no termo municipal de Baralla, e clasificados como veciñais en man común por resolucións do xurado provincial con data do 30 de outubro de 1978. Con data do 2 de novembro de 2017 (completado posteriormente con data do 2 de marzo de 2018), ten rexistro de entrada escrito de Ricardo Sánchez Lombardía, como presidente da comunidade de Teixeira de Abaixo, achegando un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 26 de xaneiro de 2018, perante o Xulgado de Paz de Baralla; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 6 de abril de 2018 emite un informe (nº 77/17) en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza. O monte de Teixeira de Abaixo queda cunha superficie de 59 hectáreas, e o monte de Biduedo, cunha superficie de 106 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte de Sanguñedo (expediente 58/77), pertencente aos veciños do lugar de Sanguñedo, da parroquia da Esperela e monte Serra do Pozo (expediente 57/77), pertencente aos veciños da parroquia de Librán, ambos no termo municipal de Baleira, e clasificados como veciñais en man común por resolucións do xurado provincial con datas do 31 de marzo de 1978 e 28 de abril de 1978, respectivamente. Con data do 25 de xaneiro de 2018, ten rexistro de entrada escrito de María Balbina Vázquez Carballedo, como presidenta da comunidade de Sanguñedo, que achega un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 18 de xaneiro de 2018, perante o Xulgado de Paz de Baleira; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 2 de maio de 2018 emite un informe (nº 7/18) en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza, quedando un tramo de liña como límite provisional, nos termos que se especifican no informe, e que deberá ser definida posteriormente, ao situarse os puntos 1 e 2 da liña, incluídos no interior do esbozo de Serra de Pozo sen chegar a producir a intersección necesaria para poder modificalos neste tramo. O monte de Sanguñedo queda cunha superficie de 68 hectáreas e o monte Serra do Pozo, cunha superficie de 438 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte Picato (expediente 73/77), pertencente aos veciños dos lugares de San Xusto e Santa Marta, da parroquia de Pousada, e montes Picato, Serra do Val e Carballal (expediente 74/77), pertencentes aos veciños do lugar de Recesende da parroquia de Recesende, ambos no termo municipal de Baralla, e clasificados como veciñais en man común por resolucións do xurado provincial do 30 de outubro de 1978 e 31 de marzo de 1978, respectivamente. Con data do 5 de marzo de 2018, ten rexistro de entrada escrito de Manuel Mourelos González, como presidente da comunidade de San Xusto e Santa Marta, que achega un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 27 de febreiro de 2018, perante o Xulgado de Paz de Baralla; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 21 de maio de 2018 emite un informe (nº 27/18) en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza, quedando un tramo de liña como límite provisional, nos termos que se especifican no informe, e que deberá ser definida posteriormente, ao non rematar a liña de estrema no bordo dos actuais esbozos polo que, para efectos de poder reflectir a avinza, se prolongou a liña divisoria desde os extremos ata os puntos de intersección dos esbozos actuais. O monte Picato queda cunha superficie de 56 hectáreas e os montes Picato, Serra do Val e Carballal, cunha superficie de 147,62 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte de San Pedro (expediente 81/79), pertencente aos veciños do lugar de San Pedro do Ermo, da parroquia da Balsa e monte do Monte (expediente 2/88), pertencente aos veciños da parroquia de Santa María do Monte, ambos no termo municipal de Triacastela, e clasificados como veciñais en man común por resolucións do xurado provincial do 20 de outubro de 1980 e 17 de outubro de 1988, respectivamente. Con data do 10 de abril de 2018 (completado posteriormente con data 15 de maio de 2018), ten rexistro de entrada escrito de José Lago Castro, como presidente da comunidade de Santa María do Monte, que achega un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 27 de marzo de 2018, perante o Xulgado de Paz de Triacastela; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 29 de maio de 2018 emite un informe (nº 35/18) en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza. O monte de San Pedro queda cunha superficie de 183 hectáreas e o monte do Monte, cunha superficie de 112 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por maioría, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos. A presidenta do xurado, debido á súa condición de alcaldesa do Concello de Triacastela, non se pronuncia.

Monte Arufe de Aldoar (expediente 38/78), pertencente aos veciños dos lugares de Arufe, O Fontefreixo, Montecelo, Os Paraxuás, O Parañel e Pidre, da parroquia de Corvelle, e monte Regavella e Arufe (expediente 37/78), pertencente aos veciños da parroquia de Corvelle, ambos no termo municipal da Pastoriza, e clasificados como veciñais en man común por resolucións do xurado provincial do 18 de xuño de 1979 e 5 de febreiro de 1979, respectivamente. Con data do 18 de maio de 2018, ten rexistro de entrada escrito de Javier Rodríguez Martínez, como presidente da comunidade de Arufe de Aldoar, que achega un acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado o 6 de abril de 2018, perante o Xulgado de Paz da Pastoriza; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 30 de maio de 2018 emite un informe (nº 45/18) en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza. O monte Arufe de Aldoar queda cunha superficie de 31,94 hectáreas e o monte Regavella e Arufe, cunha superficie de 148,88 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte de Guntín (expediente 142/75), monte Ladairo (expediente 110/76) e monte de Entrambasaugas (expediente 20/75), todos no termo municipal de Guntín. Con data do 12 de maio de 2016 publícase no DOG a Orde do 18 de abril de 2016, pola que se aproba o deslindamento parcial entre estes montes mais o de Pradeda. Con data do 25 de maio de 2016, o Servizo de Montes elaborou un informe que reflicte as superficies e a planimetría resultantes tras este deslindamento, pero no informe saliéntase que mentres non se determine o deslindamento entre Ladairo e Entrambasaugas, o esbozo deste último non pode ser modificado pese a que no expediente de deslindamento se cita que no marco do Couto converxen os catro montes. Igualmente, mentres non se realice o deslindamento entre Guntín e Entrambasaugas, os límites entre estes non poden ser modificados. Con data do 21 de xuño de 2016, presentouse un recurso de reposición contra o devandito deslindamento, de xeito que na reunión do 27 de xuño de 2016, o xurado decidiu deixar pendente a modificación dos expedientes ata a constancia da firmeza do deslindamento parcial aprobado. Con data do 16 de maio de 2018, a conselleira emite resolución pola que se desestima o recurso de reposición. Con data do 27 de novembro de 2017, tivo rexistro de entrada escrito de Abel Durán Durán, como presidente da comunidade de Guntín, que achega os acordos de deslindamento de avinza practicados entre esta comunidade e as comunidades propietarias do monte Ladairo e Entrambasaugas, en canto ás liñas divisorias que o separan con estes dous montes, aprobados mediante actos conciliatorios celebrados o 27 de outubro de 2017, perante o Xulgado de Paz de Guntín; xuntan actas dos deslindamentos, planos topográficos, actas de conciliación levantadas no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado dos devanditos deslindamentos ao Servizo de Montes, o 21 de maio de 2018 emite un informe (nº 84/17) en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia das avinzas, tendo en conta os matices recollidos. O monte de Guntín queda cunha superficie de 97,48 hectáreas, o monte de Entrambasaugas, cunha superficie de 488 hectáreas e o monte Ladairo cunha superficie de 65 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Contra estes acordos, dende o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 9 de xullo de 2018

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo