Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2018 Páx. 34453

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 11 de xullo de 2018 pola que se establecen novas bases reguladoras das subvencións destinadas a constituír sociedades de fomento forestal (Sofor) e se convocan para o ano 2018.

BDNS (Identif.): 407926.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán solicitar as subvencións as asociacións de propietarios forestais a través dos representantes que designen.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer unhas novas bases reguladoras das subvencións dirixidas a constituír sociedades de fomento forestal (Sofor), mediante convocatoria aberta en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento MR635A) e proceder á súa convocatoria para o ano 2018.

A través desta liña de subvencións poderanse financiar os seguintes custos:

a) O custo de identificación dos predios e clasificación dos terreos situados dentro da superficie de actuación, nos cales se aplique un sistema acreditado e obxectivo de valoración dos dereitos de aproveitamento forestal.

Inclúense os traballos necesarios para comprobar se a cartografía catastral se corresponde coa realidade; alí onde se detecten erros, o traballo incluirá a elaboración dunha representación gráfica alternativa validada polo Catastro.

Trasladaranse os límites reais sobre plano e efectuarase unha valoración do voo.

b) Os custos de impulso á Sofor que se pretende constituír.

Abarca os gastos derivados da localización dos propietarios, da comprobación das súas propiedades e dos labores de información necesarios para lograr que cedan os seus predios á sociedade.

c) Os gastos de constitución da Sofor.

Comprenden os gastos de redacción de estatutos, de elaboración da escritura de constitución da sociedade, de notaría e de inscrición no Rexistro mercantil.

d) A instalación obrigatoria dun cartel informativo (modelo do anexo B2) nun lugar visible nos terreos obxecto da subvención.

O IVE non é subvencionable.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 11 de xullo de 2018 pola que se establecen novas bases reguladoras das subvencións destinadas a constituír sociedades de fomento forestal (Sofor) e se convocan para o ano 2018.

Cuarto. Importe

A contía total ascende a 850.000 €, coa seguinte distribución:

– Anualidade 2018: 250.000 €.

– Anualidade 2019: 600.000 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de subvencións será dun mes, que comezará o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2018

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal