Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2018 Páx. 34357

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meaño

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2018 referente á convocatoria para prover varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 126, do 2 de xullo de 2018, publicouse o texto íntegro das bases xerais e específicas que rexerán a convocatoria para prover:

– Un (1) posto de mestre/a da escola infantil 0-3 anos do cadro de persoal laboral fixo, que se cubrirá mediante sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

– Un (1) posto de técnico/a especialista en xardín de infancia ou equivalente da escola infantil 0-3 anos do cadro de persoal laboral fixo, que se cubrirá mediante sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

– Un (1) posto de técnico/a animador/a terceira idade do centro social polivalente do cadro de persoal laboral fixo, que se cubrirá mediante sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

– Un (1) posto de coidador/a terceira idade do centro social polivalente do cadro de persoal laboral fixo, que se cubrirá mediante sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

– Un (1) posto de coidador/a-condutor/a transporte asistencial do centro social polivalente do cadro de persoal laboral fixo, que se cubrirá mediante sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes para participar nestes procesos selectivos será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse en el Boletín Oficial de la provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello de Meaño.

Meaño, 3 de xullo de 2018

Mª Lourdes Ucha Varela
Alcadesa