Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2018 Páx. 34358

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de información pública sobre a licenza de actividade para almacenamento de botellas de gases comprimidos, licuados e disoltos a presión.

Suministros Soher, S.L., entidade representada por Rogelio Daponte Carballo, solicitou licenza municipal de actividade para almacenamento de botellas de gases cumprimidos, licuados e disoltos a presión, que se situará na rúa da Industria, s/n, A Laxe. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de veinte (20) días, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente no Departamento de Actividades Clasificadas do Concello e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.

Vilagarcía de Arousa, 2 de xullo de 2018

Alberto Varela Paz
Alcalde presidente