Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2018 Páx. 34355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2018 pola que se fai pública a formalización dun contrato de subministración por lotes, non suxeito a regulación harmonizada (2/2018/CNTSU).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

• «Subministración, por lotes, da uniformidade para o persoal dos servizos centrais e periféricos do ente público Portos de Galicia».

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Explotación e Planificación.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=283104.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: administrativo de subministración, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición do obxecto: este contrato ten por obxecto a subministración, en dous lotes, da uniformidade, tanto de inverno como de verán, do persoal de Portos de Galicia, coas especificacións técnicas recollidas no prego de prescripcións técnicas particulares.

c) Lote. Lote nº 1: vestiario téxtil de verán e inverno e os complementos que compón a uniformidade. Lote nº 2: calzado de verán e inverno incluídos na uniformidade.

d) Medios de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG), núm. 47.

e) Datas de publicación do anuncio de licitación: 7 de marzo de 2018.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto; sistema multicriterio.

4. Valor estimado total do contrato:

98.315,50 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 98.315,50 euros. Lote 1: 83.950,60 euros. Lote 2: 14.364,90 euros.

Importe total: 118.961,76 euros. Lote 1: 101.580,23 euros. Lote 2: 17.381,53 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación do lote 1: 6 de xuño de 2018. Data de declaración de deserto do lote 2: 11 de abril de 2018.

b) Data de formalización do contrato do lote 1: 2 de xullo de 2018.

c) Contratista: lote 1: Sagres, S.L., lote 2: deserto.

d) Importe ou canon de adxudicación do lote 1. Importe neto: lote 1: 82.931,75 euros. Importe total: lote 1: 100.347,42 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria do lote 1: por ser o único licitador presentado e admitido e cumprir a súa oferta os requisitos exixidos.

f) Tipo de oferta adxudicataria do lote 1: solución base.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia