Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2018 Páx. 34200

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica nos concellos do Porriño e Ponteareas (expediente IN407A 2018/60-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: RET, LMTA, ATI712 á antena do CT Can Prebeto e CT Couso.

Situación: O Porriño e Ponteareas.

Características técnicas: LMT aérea a 15 kV en tres actuacións:

1. 105 metros con condutor LA-56; orixe: apoio 25 do tramo ATI7120611; final: apoio D1-21-12-7 do tramo ATI7120568.

2. 48 metros con condutor LA-56; orixe: apoio D1-21-12-7 do tramo ATI7120568; final: apoio D1-21-12-6 do tramo ATI7120568.

3. 42 metros con condutor LA-30; orixe: apoio D1-21-12-6 do tramo ATI7120568; final: apoio D1-21-12-5 do tramo ATI7120568 (retensado).

A instalación está situada en Guláns (Ponteareas) e Cans (O Porriño).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014, esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, en particular o establecido pola Consellería do Medio Rural que indica que a instalación necesita de acto de disposición segundo dispón o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, de regulación da Lei 13/1989 de montes veciñais en man común.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 29 de xuño de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra