Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2018 Páx. 34202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EDICTO do 9 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador IN635C SANC-MIN 2018/4-3 en materia de minas.

Ao ser devolta polo servizo de Correos a carta certificada enviada no seu día en que se lle informaba da posta á disposición dunha notificación a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia, procédese a notificar de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, á interesada o acordo de inicio do expediente sancionador que a continuación se relaciona no anexo.

A interesada dispón dun prazo de quince días a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto para presentar ante a xefatura territorial as alegacións que consideren pertinentes.

O expediente relacionado atópase á disposición da interesada, na citada xefatura territorial de Ourense, rúa Curros Enríquez, 1-4º.

Ourense, 9 de xullo de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Interesada

CIF

IN635C SANC-MIN 2018/4-3

Graveras Límia, S.L.

B15330079