A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense comunica que o director xeral de Enerxía e Minas outorgou a Pizarras Manada Vieja, S.A. a demasía da concesión de explotación que a seguir se describe:
Nome: Oportuna 1.2.2.
Número de expediente: 4086. 1.2.2.
Recurso: sección C.
Termo municipal: Carballeda de Valdeorras.
Titular: Pizarras Manada Vieja, S.A.
Superficie: oito (8) cuadrículas.
O que se fai público para o coñecemento xeral e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.
Ourense, 22 de xuño de 2018
Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense