Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2018 Páx. 34175

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 5 de xullo de 2018, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente sancionador en materia de transportes terrestres LU-00861-O-2017 e nove máis.

O director xeral de Mobilidade ditou a resolución do expediente sancionadores LU-00861-O-2017 e nove máis por infracción da normativa sobre transportes terrestres.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2018

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00861-O-2017

0724-BPR

Fernández Puerta Manuel Alberto

1077432R

A falta de identificación do condutor nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso, consistente en non consignar os apelidos e/ou nome, ou non consignar toda a información cando as normas da UE reguladoras da materia lle atribúan a consideración de infracción moi grave.

30.3.2017; 21.30.00; A-8; 563,0

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

LU-01136-O-2017

M-9388-SN

Sali Petrica

X5496326Q

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre la MMA total en vehículos con MMA ata12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 31 %.

11.5.2017; 16.44.00; N-VI; 543,8

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

3.200 euros

OU-01220-O-2017

5846-FFS

Manuel Álvarez Rodríguez

13051358P

Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante.

2.6.2017; 12.32.00; A-52; 181

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

OU-01373-O-2017

5846-FFS

Manuel Álvarez Rodríguez

13051358P

Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante.

11.8.2017; 09.35.00; N-525; 230,0

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

PO-01859-S-2017

3907HTZ

Gonzalo Piñeiro Graña

35300942J

Non levar o aparello taxímetro no caso de que este sexa exixible, a manipulación deste, facelo funcionar de xeito inadecuado ou impedir a súa visibilidade á persoa usuaria, así como cantas accións teñan por finalidade alterar o seu normal funcionamento, e a instalación de elementos mecánicos, electrónicos ou doutra natureza destinados a alterar o correcto funcionamento do taxímetro ou a modificar as súas medicións, mesmo cando este non estea en funcionamento no momento de se realizar a inspección.

1.4.2017; 13.20.00; PO-531; 0.300

Art. 60.h) Lei 4/2013

Art. 63 Lei 4/2013

2.001 euros

PO-01860-S-2017

3907HTZ

Gonzalo Piñeiro Graña

35300942J

A realización de servizos de taxi ou de arrendamento de vehículos con condutor carecendo dos preceptivos títulos habilitantes ou con estes suspendidos, anulados, caducados, revogados, sen ter realizado o visado obrigatorio ou por calquera outra causa ou circunstancia pola cal as referidas habilitacións expedidas para exercer a actividade xa non sexan válidas. No suposto de que a infracción consista na falta de visado obrigatorio e este se realizase con anterioridade á data de resolución do procedemento sancionador, a infracción terá a cualificación de leve.

1.4.2017; 13.20.00; PO-531; 0.300

Art. 60.a) Lei 4/2013

Art. 63 Lei 4/2013

2.001 euros

PO-01870-O-2017

PO-2290-BK

José Campos Piedras

76984064M

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

21.4.2017; 09.09.00; AP-9; 137,5

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

4.000 euros

PO-01924-S-2017

PO-5275-AX

José Antonio Míguez Villar

36049585Y

A realización de servizos de taxi ou de arrendamento de vehículos con condutor carecendo dos preceptivos títulos habilitantes ou con estes suspendidos, anulados, caducados, revogados, sen ter realizado o visado obrigatorio ou por calquera outra causa ou circunstancia pola cal as referidas habilitacións expedidas para exercer a actividade xa non sexan válidas. No suposto de que a infracción consista na falta de visado obrigatorio e este se realizase con anterioridade á data de resolución do procedemento sancionador, a infracción terá a cualificación de leve.

5.4.2017; 16.30.00; acceso á Lama

Art. 60.a) Lei 4/2013

Art.63 Lei 4/2013

2.001 euros

PO-01928-O-2017

PO-7005-AX

Óscar Alonso Bastos

76996726V

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 29 %.

10.4.2017; 20.12.00; A-55; 18,5

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.800 euros

XC-02078-O-2017

4282-DTR

Antonio Porto Otero

35454568E

A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

6.5.2017; 18.00.00; AC-305; 38,0

Art. 140.34 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

0 euros