Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2018 Páx. 34145

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 6 de xullo de 2018 pola que se resolve o concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.

Mediante a Orde do 23 de febreiro de 2018 (Diario Oficial de Galicia nº 48, do 8 de marzo) convocouse o concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica de educación 2/2006, do 3 de maio, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Logo de realizada a valoración inicial pola comisión de selección, publicouse no portal da internet da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o baremo provisional dos méritos e a relación provisional de persoas excluídas e a causa da súa exclusión. Logo de revisadas as reclamacións presentadas, con base no disposto polo artigo 7 da citada convocatoria,

DISPOÑO:

Primeiro. Facer pública, no anexo a esta orde, a adxudicación definitiva dos postos obtidos no concurso público convocado pola referida orde.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 8 da citada orde, as persoas seleccionadas deberán incorporarse ás prazas obtidas con data do 1 de setembro do ano 2018, en réxime de comisión de servizos por un período de un ano e ata un máximo de seis, e con reserva do posto de traballo de orixe.

Terceiro. Contra esta orde, que lle pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo un recurso de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Apelidos e nome

DNI oculto

Denominación da praza

Correa Jorge, Javier

****0400*

1. E.E. Antonio Escaño (590214)

Estévez Diéguez, José Manuel

****9854*

1. E.E. Antonio Escaño (591202)

Fernández Martínez, Alfredo E.

****8938*

1. E.E. Antonio Escaño (591202)

Tenreiro Allegue, Vidal

****5532*

2. E.N. da Graña (590101)

Pereira Romero, José Luis

****5110*

2. E.N. da Graña (591201)

Piñeiro Edreira, Ángel

****3938*

2. E.N. da Graña (591201)

Luca de Tena López-Escobar, Iago

****2863*

3. CIFP Coia-Vigo (591206)

Aneiros López, Antonio

****7345*

4. Asesor Abalar. Zona Ferrol

Salgado Álvarez, Ignacio Amando

****5600*

4. Asesor Abalar. Zona Allariz

Blanco Madernaz, Antonio

****9508*

4. Asesor Abalar. Zona O Barco

Iglesias Diz, Xosé Manuel

****4710*

4. Asesor Abalar. Zona Tui

Anido Canedo, Julio

****7694*

5. Asesor Abalar Xade

García Rodríguez, César Valentín

****3593*

6. Asesor Abalar Desenvolvemento

Varela Gestoso, Fernando

****4562*

6. Asesor Abalar Desenvolvemento

Ortigueira Hermida, Matilde Isabel

****9705*

7.1. Complexo Hospitalario Pontevedra

Porta Rodríguez, María Pilar

****3789*

7.2. Hospital Arquitecto Marcide Ferrol

Patiño Grela, Víctor Manuel

****3725*

8. IES Sabón (591201)

Pita Graña, Alberto

****1515*

8. IES Sabón (591226)

Lage Gil, Eva María

****3662*

9. Convenio ONCE

Darriba Rodríguez, Lucía

****3570*

10. Coordinador/a escolarización poboación marxinada