Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2018 Páx. 34147

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se resolve o concurso público de méritos entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir a dirección do Centro Residencial Docente de Vigo.

Tras a convocatoria, por Orde do 5 de abril de 2018 (DOG nº 81, do 26 de abril), do concurso público de méritos para adxudicar, en comisión de servizos, a dirección do Centro Residencial Docente de Vigo, de conformidade co establecido no artigo 6 da dita orde,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicar, en comisión de servizos, de acordo coa proposta da comisión de selección, o posto de directora do Centro Residencial Docente de Vigo a Mª Montserrat Vaqueiro Romero.

Segundo. Nomear a Mª Montserrat Vaqueiro Romero directora do Centro Residencial Docente de Vigo, no uso das atribucións conferidas polo artigo 10 do Decreto 93/1989, do 8 de marzo, modificado parcialmente polo Decreto 52/2006, do 30 de marzo (DOG nº 64, do 31 de marzo).

Terceiro. Este nomeamento terá efectos económicos e administrativos do 1 de setembro de 2018.

Cuarto. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer o recurso de alzada ante o director xeral de centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 10 de xullo de 2018

César A. Pérez Ares
Xefe territorial de Pontevedra