Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2018 Páx. 34143

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2018 pola que se modifica a distribución dos servizos ofertados na Resolución do 27 de xuño de 2017 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico (programa Re-Acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do día 28 de marzo de 2017, acordou, por unanimidade dos membros asistentes, aprobar as bases reguladoras das axudas aos servizos de análise potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico (programa Re-Acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, facultando o director xeral a súa convocatoria e publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal se levou a cabo no DOG nº 129, do 7 de xullo de 2017.

No ordinal cuarto do resolvo aparece unha distribución de servizos ofertados en cada convocatoria, co fin de definir os termos da concorrencia competitiva establecida para cada unha das convocatorias do programa. Esta distribución modificouse no DOG do 10 de xaneiro de 2018, sen variación do número total de servizos ofertados. Neste momento, previamente á resolución da última convocatoria, cómpre modificar a asignación de servizos ás convocatorias do programa.

A modificación das convocatorias de servizos faise en consonancia cos contratos que o Igape ten xa establecidos, de xeito que a publicación desta modificación non supón per se asignación orzamentaria ningunha.

En virtude destes antecedentes, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Artigo primeiro

Modificar a distribución de servizos para a convocatoria 2018-2, prevista no ordinal cuarto do resolvo da Resolución do 27 de xuño de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico (programa Re-Acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que quedaría configurada do seguinte xeito:

Tipo de servizo

2018.2

Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora (A Coruña)

46

Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora (Pontevedra)

30

Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora (Lugo-Ourense)

8

Mellora xestión financeira e procura de financiamento

24

Optimización da produción e cadea loxística

22

Asesoramento para o relanzamento comercial

19

Implementación de xestión por procesos

20

Mellora da imaxe e comunicación empresarial

8

Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial

24

Asesoramento no desenvolvemento de plans de acción

21

Elaboración de plans e protocolos de empresa familiar

6

Identificación de redes de cooperación e socios

25

Asesoramento para a redefinición de negocio

13

Artigo segundo

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2018

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica