Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2018 Páx. 34040

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Bande

EDICTO (55/2017).

Xuízo verbal 55/2017

Demandante: Jucons Galaica, S.L.U.

Procurador: Diego Rúa Sobrino

Avogado: Emilio Búa Ares

Demandado: Antonio Gómez Dantas

Margarita Pérez Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Bande, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Jucons Galaica, S.L.U. fronte a Antonio Gómez Dantas ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do tenor literal seguinte:

«Sentenza.

Xuíza que a dita: Purificación González López.

Lugar: Bande.

Data: 31 de xullo de 2017.

En Bande o 31 de xullo de 2017, vistos por Purificación González López, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia único de Bande, os presentes autos de xuízo verbal número 55/2017 nos cales figura como demandante Jucons Galaica, S.L.U., representado polo procurador Sr. Rúa Sobrino, que foi substituído no xuízo pola procuradora Jacqueline Rodríguez Díaz, e asistido polo letrado Emilio Búa Ares, contra Antonio Gómez Dantas, en situación procesual de rebeldía.

Fallo que debo estimar e estimo totalmente a demanda interposta polo procurador Sr. Rúa Sobrino en nome e representación de Jucons Galaica, S.L.U. contra Antonio Gómez Dantas, en situación procesual de rebeldía, e condeno o demandado Sr. Gómez Dantas a abonar a Jucons Galaica, S.L.U. a suma de cinco mil corenta e cinco euros e setenta céntimos de euro 5.045,70 euros, máis os xuros legais correspondentes nos termos expostos no fundamento segundo desta resolución, así como ao pagamento das custas procesuais xeradas no presente procedemento.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte da notificación daquela.

O dito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LEC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPJ, para a admisión do recurso deberase acreditar constituír, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banco Santander, S.A. na conta deste expediente ES5500493569920005001274 e indicar no campo concepto a indicación recurso seguida do código 02 civil-apelación. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo, a indicación recurso seguida do código 02 civil-apelación.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase e indicar, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así por esta a miña sentenza pronúncioo, mándoo e asínoo.

A maxistrada xuíza».

E atopándose o dito demandado, Antonio Gómez Dantas, en paradoiro descoñecido, expídese o presente a fin de que sirva de notificación en forma ao mesmo.

Bande, 12 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza