Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2018 Páx. 34060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 3 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o requirimento correspondente a un reintegro dun pagamento indebido de axudas e subvencións para a promoción e consolidación do emprego autónomo, reguladas na Orde do 7 de febreiro de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación do requerimento por pagamento indebido no último domicilio coñecido da persoa interesada sen que esta se puidese efectuar, notifícaselle á persoa citada no anexo para que, no prazo de diez (10) días, contados desde o seguinte á da data de publicación desta cédula no Boletín Orficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada na sede do Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Vigo; rúa Concepción Arenal, 8, 2º (das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres) para ter coñecemento do contido íntegro do acto, advertíndolle que, de non facelo así, se considerará notificada cos efectos que correspondan.

Transcorrido o prazo que se indique no requirimento sen teren presentada a documentación, continuará a tramitación do expediente, sen prexuízo da adopción das medidas que procedan, de conformidade co establecido no artigo 46 da orde reguladora, advertíndolle que, de non facelo, este servizo, en cumprimento do establecido na disposición segunda da Orde do 27 de decembro de 1990 pola que se regula a tramitación de reintegros de pagos indebidos, comunicarao á Dirección Xeral de Orzamentos e do Tesouro da Consellería de Facenda para iniciar o correspondente expediente de reintegro.

Pontevedra, 3 xullo de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente de xestión: TR 341D 2017/1372-5.

Empresa: Technical Fabrics Group, S.C.

Administradora única: Margarita María Reboredo Arnoso.

NIF: 76929873W.

Último enderezo coñecido: avenida Santiago, 69 baixo. 36680 A Estrada (Pontevedra).

Tipo de axuda: promoción e consolidación do emprego autónomo.

Norma reguladora: Orde do 7 de febreiro de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción e consolidación do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Feito imputado: non é unha persoa beneficiaria de acordo co artigo 18 da orde de convocatoria.

Precepto infrinxido: artigo 18. Persoas beneficiarias da devandita orde de convocatoria.

Contido do acto administrativo: requirimento de reintegro por pagamento indebido.

Data do requerimento: 3.5.2018.