Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2018 Páx. 34062

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 20 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración mineromedicinal das augas que abrollan no concello de Allariz.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense dá a coñecer que Ramón Luis Braña Cobas, en representación da mercantil Natur Hotel Spa Allariz, S.A. (con domicilio no Paseo do Arnado, 1, concello de Allariz), solicitou a declaración mineromedicinal das augas que abrollan nunha captación situada no lugar con coordenadas UTM, ETRS 89, X=598682,79 Y=4672074,08, propiedade da mercantil antes citada.

O que se fai público segundo o disposto no artigo 4 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento das augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ourense, 20 de xuño de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense