Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2018 Páx. 33841

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 258/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 258/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rocío Domínguez Álvarez, contra Roupa de Cotío, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto do 13 de xuño de 2018, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2018.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Rocío Domínguez Álvarez presentou demanda de execución fronte a Roupa de Cotío, S.L.

Segundo. Ditouse auto en que se despachaba execución con data do 19 de decembro de 2017, por un total de 2.818,72 euros de principal, máis 528,22 euros en concepto de xuros de mora, máis outros 334,69 euros que se orzan provisionalmente en concepto de xuros, gastos e custas.

Terceiro. Non se atoparon bens susceptibles de embargo e deuse a preceptiva audiencia ao Fondo de Garantía Salarial.

Fundamentos de dereito:

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da Lei de xurisdición social que, de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado sobre os cales facer embargo, se practicarán as indagacións procedentes e, de seren infrutuosas, total ou parcialmente, o/a secretario/a xudicial da execución ditará decreto de insolvencia, tras oír o Fondo de Garantía Salarial.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada Roupa de Cotío, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 2.818,72 euros de principal, máis 528,22 euros en concepto de xuros de demora, máis outros 334,69 euros que se orzan provisionalmente en concepto de xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Inscribilo no rexistro correspondente.

d) Levar o orixinal ao libro de decretos e deixar testemuño nas presentes actuacións.

Notifíquese ás partes e a Roupa de Cotío, S.L. e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo de tres días hábiles.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0258 17. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 0049 3569 920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0258 17”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un depósito por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo, mando e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Roupa de Cotío, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza