Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2018 Páx. 33844

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 143/2017).

ETX. Execución de títulos xudiciais 143/2017

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 679/2015

Sobre ordinario

Demandante: Sonia Areoso Carril

Avogado: Delfín Martínez Conde

Demandados: The Wedding Lab Import, S.L.N. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Sonia Areoso Carril contra The Wedding Lab Import, S.L.N., se acordou notificar a parte dispositiva do Decreto do 13 de xuño de 2018, ditado no procedemento ETX 143/2017 a The Wedding Lab Import, S.L.N., en ignorado paradoiro.

Parte dispositiva:

«Acordo:

a) Declarar a executada, The Wedding Lab Import, S.L.N., en situación de insolvencia total por importe de 1.090,65 euros en concepto de principal máis outros 210,67 euros de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores, máis 115,93 euros en concepto de indemnización, máis 141,72 euros en concepto de xuros e custas provisionalmente.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens da executada.

c) Inscríbase no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para interpor recurso de 25 euros na conta número 00301846420005001274 no Banco Santander, e indicar, no campo «Concepto», “Recurso” seguido do código “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “Recurso” seguida do código “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo «Observacións» a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación a The Wedding Lab Import, S.L.N., en ignorado paradoiro, expídese esta edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza