Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2018 Páx. 33656

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 135/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 135/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel Grande Mouriño contra Pavimentos de Meaño, Fontefría, S.L. e Cotrarga, S.L., sobre despedimento, se despachou execución, con data do 7 de xuño de 2018, mediante auto impugnable en reposición no prazo de tres días, que está ao seu dispor na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cotrarga, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 7 de xuño de 2018

O letrado da Administración de xustiza