Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2018 Páx. 33655

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 25/2018).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 25/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco García Padín contra María del Carmen Melin Iglesias sobre ordinario, se despachou execución mediante o ditado do auto do 11 de maio de 2018, impugnable en reposición no prazo de tres días, que está ao seu dispor na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a María del Carmen Melin Iglesias, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 7 de xuño de 2018

O letrado da Administración de xustiza