Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2018 Páx. 33657

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (178/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no PO 178/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Nicanor Fuentes Formoso contra a empresa Fondo de Garantía Salarial, Galisec, S.L.U., Ibérica de Montajes y Servicios de Encofrado, S.A., se ditou a sentenza do 16.11.2017, cuxo texto íntegro está á disposición do interesado na sede do xulgado.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, que se deberá anunciar dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza. A recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, deberá consignar a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación Depósitos e consignacións, co número 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar, no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, ben que se pode asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

E para que sirva de notificación en legal forma a Galisec, S.L.U. Ibérica de Montajes y Servicios de Encofrado, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 11 de xuño de 2018

O letrado da Administración de xustiza