Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2018 Páx. 33510

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de xuño de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao monte de Santa María de Muxa, no concello de Lugo (expediente 26/83).

Na sesión celebrada polo Xurado Provincial o día 14 de xuño de 2018 figura o seguinte acordo:

Monte Xartego, do Medio, Cerro, Guimarei, Outeiro e Toire (expediente 26/83), pertencente aos veciños da parroquia de Santa María de Muxa, no termo municipal de Lugo. O Servizo de Montes, en informe emitido con data do 5 de abril de 2018, detecta un erro na superficie do monte, derivado da exclusión de varios predios por sentenza xudicial, na cal se tomou como punto de partida un esbozo equivocado que non se correspondía co resultante da anterior modificación acordada polo Xurado na reunión do 21 de decembro de 2006 (derivada doutra exclusión por sentenza). Ademais, existe unha parcela (Toiré) dunhas 4 ha, situada ao oeste, tamén clasificada segundo o esbozo orixinal e que non figura reflectida no plano da última modificación. En consecuencia, proponse corrixir o último esbozo tendo en conta os datos de partida correctos e engadindo a parcela non representada. Considerando o disposto no artigo 109.2 da Lei 39/2015, que establece que as administracións públicas poderán rectificar, en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos, proponse corrixir o erro e o monte queda cunha superficie de 50,40 ha. En vista do anterior, o Xurado, por unanimidade, acorda rectificar o erro constatado e proceder ás oportunas correccións no expediente de conformidade co informe do Servizo de Montes.

Ao descoñecerse o nome e o enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre o referido monte, por medio deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, comunícase o dito acordo.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 29 de xuño de 2018

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo