Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2018 Páx. 33512

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de xuño de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao monte de Amandi, no concello de Sober (expediente 112/80).

Na sesión celebrada polo Xurado Provincial o día 14 de xuño de 2018 figura o seguinte acordo:

Monte de Amandi (expediente 112/80), pertencente aos veciños da parroquia de Amandi, do termo municipal de Sober, e clasificado como veciñal en man común mediante a Resolución do Xurado Provincial con data do 22 de novembro de 1982. Con data do 29 de setembro de 2017, recíbese copia autenticada de sentenza firme ditada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Monforte de Lemos, con data do 12 de maio de 2017, ditada no xuízo verbal 332/2016, na cal, estimando a demanda presentada se declara: «[...] que a parcela 1760, do polígono 34 do Catastro de Rústica de Sober [...] pertence en copropiedade e pro indiviso a Adrián Pérez López e a Jesús Pérez Manolini e, en consecuencia, debo condenar e condeno os demandados a se ateren a declaración [...]». Dado traslado da documentación ao Servizo de Montes, con data do 20 de abril de 2018 emítese informe (nº 38/17), en que se especifican as modificacións resultantes e o monte de Amandi queda cunha superficie de 83 hectáreas. Xúntase esbozo da situación actual do monte veciñal afectado. Examinada a dita sentenza, o Xurado, por unanimidade, acorda dar cumprimento ao establecido nela e procede ás correccións oportunas, coa incorporación do esbozo referido ao expediente de clasificación.

Ao descoñecerse o nome e o enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre o referido monte, por medio deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, comunícase o dito acordo.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 29 de xuño de 2018

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo