Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2018 Páx. 33513

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de xuño de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo do expediente 115/77 e vinte e tres máis.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o xurado, na reunión que tivo lugar o 17 de setembro de 2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia, susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión celebrada polo xurado provincial o día 14 de xuño de 2018, figuran os seguintes acordos:

Monte Pena Moura (expediente 115/77), pertencente aos veciños da parroquia de Candia, do concello de Abadín, clasificado polo xurado con data do 30 de outubro de 1978. Con data do 7 de maio de 2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte ao constatar un solapamento con zona de concentración parcelaria estimando a inexistencia de menoscabo da integridade do monte. Tendo en conta o anterior, o monte Pena Moura queda cunha superficie de 73,887 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Barrosa (expediente 138/78), pertencente aos veciños do lugar de Barrosa, parroquia de Penarrubia, do concello de Baralla, clasificado polo xurado con data do 17 de decembro de 1979. Con data do 11 de maio de 2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte ao constatar un solapamento con zona de concentración parcelaria estimando a inexistencia de variación substancial da superficie do monte, e, ao mesmo tempo, unha superficie non incluída no esbozo orixinal pero que foi entregada en concentración á comunidade propietaria do monte. Tendo en conta o anterior, o monte Barrosa queda cunha superficie de 28,121 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte de Quintá e Queirogal (expediente 79/83), pertencente aos veciños dos lugares de Quintá e Queirogal, parroquia de Pousada, do concello de Baleira, clasificado polo xurado con data do 25 de marzo de 1985. Con data do 16 de maio de 2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte ao constatar un solapamento con zona de concentración parcelaria estimando a inexistencia de variación substancial da superficie do monte, e, ao mesmo tempo, unhas superficies non incluídas no esbozo orixinal pero que figuran con titularidade catastral a nome da comunidade propietaria do monte. Tendo en conta o anterior, o monte Quintá e Queirogal queda cunha superficie de 87,353 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte de Santa Euxea (expediente 23/75), pertencente aos veciños da parroquia de Santa Euxea, do concello de Guntín, clasificado polo xurado con data do 31 de xullo de 1975. Con data do 6 de abril de 2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte ao constatar un solapamento con zona de concentración parcelaria estimando a inexistencia de variación substancial da superficie do monte, e, ao mesmo tempo, unhas superficies non incluídas no esbozo orixinal pero que figuran con titularidade catastral e conveniadas a nome da comunidade propietaria do monte. Tendo en conta o anterior, o monte Santa Euxea queda cunha superficie de 37,036 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Monte do Rei e Gándaras de Ceide ou Camoira (expediente 50/80), pertencente aos veciños da parroquia de Camoira, do concello de Lugo, clasificado polo xurado con data do 12 de xullo de 1982. Con data do 15 de maio de 2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte ao constatar un solapamento con zonas de concentración parcelaria estimando a inexistencia de variación substancial da superficie do monte. Tendo en conta o anterior, o monte Monte do Rei e Gándaras de Ceide ou Camoira queda cunha superficie de 274,412 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Serra do Pozo (expediente 55/77), pertencente aos veciños da parroquia de Librán, do concello de Baleira, clasificado polo xurado con data do 28 de abril de 1978. Con data do 16 de maio de 2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte ao constatar un solapamento con zonas de concentración parcelaria, adaptándoo á planimetría do proceso de concentración, estimando a inexistencia de variación substancial da superficie do monte. Tendo en conta o anterior, o monte Serra do Pozo queda cunha superficie de 458,104 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte de Pousada (expediente 80/83), pertencente aos veciños de Airexe, Pousada e Rego da Pereira, da parroquia de Pousada, do concello de Baleira, clasificado polo xurado con data do 25 de marzo de 1985. Con data do 4 de maio de 2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte ao constatar un solapamento con zonas de concentración parcelaria, adaptándoo á planimetría do proceso de concentración, estimando a inexistencia de variación substancial da superficie do monte. Tendo en conta o anterior, o monte de Pousada queda cunha superficie de 82,485 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte de Acebreiro (expediente 41/78), pertencente aos veciños da parroquia da Pastoriza, do concello da Pastoriza, clasificado polo xurado con data do 5 de febreiro de 1979. Con data do 4 de maio de 2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte ao constatar un solapamento con zonas de concentración parcelaria, adaptándoo á planimetría do proceso de concentración, estimando a inexistencia de variación substancial da superficie do monte. Tendo en conta o anterior, o monte de Acebreiro queda cunha superficie de 123,118 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte de Silvela (expediente 40/75), pertencente aos veciños da parroquia de Silvela, do concello de Friol, clasificado polo xurado con data do 25 de agosto de 1975. Con data do 16 de maio de 2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte ao constatar un solapamento con zonas de concentración parcelaria, adaptándoo á planimetría do proceso de concentración, estimando a inexistencia de variación substancial da superficie do monte. Tendo en conta o anterior, o monte de Silvela queda cunha superficie de 518,761 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte de Rubiás (expediente 44/82), pertencente aos veciños da parroquia de Rubiás, do concello de Lugo, clasificado polo xurado con data do 12 de setembro de 1983, e ampliado pola Resolución do 13 de decembro de 2017 (expediente 14/2016). Con data do 18 de maio de 2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte ao constatar un solapamento con zonas de concentración parcelaria, adaptándoo ao perímetro do proceso de concentración, á expropiación do vertedoiro e, polo norte, á planimetría catastral. Tendo en conta o anterior, o monte de Rubiás queda cunha superficie de 89,965 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte de Carballo (expediente 62/75), pertencente aos veciños da parroquia de Carballo, do concello de Friol, clasificado polo xurado con data do 25 de marzo de 1976. Con data do 30 de maio de 2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte ao constatar un solapamento con zonas de concentración parcelaria, adaptándoo á planimetría do proceso de concentración, estimando a inexistencia de variación substancial da superficie do monte. Tendo en conta o anterior, o monte de Carballo queda cunha superficie de 672,325 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Monciro, Fidalgueiros e Espiñeiros (expediente 28/78), pertencente aos veciños da parroquia de Pena, do concello de Castroverde, clasificado polo xurado con data do 30 de abril de 1979. Con data do 25 de maio de 2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte ao constatar un solapamento con zonas de concentración parcelaria, adaptándoo á planimetría do proceso de concentración, estimando a inexistencia de variación substancial da superficie do monte. Tendo en conta o anterior, o monte Monciro, Fidalgueiros e Espiñeiros queda cunha superficie de 200,441 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Rego de Paredes, Chimenea, Rego de Vitorna e Os Madorros e do Quinto (expediente 37/79), pertencente aos veciños da parroquia de Azúmara, do concello de Castro de Rei, clasificado polo xurado con data do 14 de decembro de 1981. Con data do 11 de maio de 2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte ao constatar un solapamento con zonas de concentración parcelaria, adaptándoo á planimetría do proceso de concentración, estimando a inexistencia de variación substancial da superficie do monte. Tendo en conta o anterior, o monte Rego de Paredes, Chimenea, Rego de Vitorna e Os Madorros e do Quinto queda cunha superficie de 85,1 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Coedo, Uceira, Travesa, Veiga Seca, Valverde, Rial de Arriba e Rial de Abaixo (expediente 21/78), pertencente aos veciños da parroquia de Bolaño, do concello de Castroverde, clasificado polo xurado con data do 30 de abril de 1979. Con data do 11 de maio de 2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte ao constatar un solapamento con zonas de concentración parcelaria, adaptándoo á planimetría do proceso de concentración, estimando a inexistencia de variación substancial da superficie do monte. Tendo en conta o anterior, o monte Coedo, Uceira, Travesa, Veiga Seca, Valverde, Rial de Arriba e Rial de Abaixo queda cunha superficie de 108,290 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Chá, Serra das Dúas Pequenas, Lama de Grelos, Llanada da Serra, Serrón de Abaixo, Serrón de Arriba, Fompuñín e Trasdaserra (expediente 47/78), pertencente aos veciños da parroquia de Ribas Pequenas, do concello de Bóveda, clasificado polo xurado con data do 17 de decembro de 1979. Con data do 11 de maio de 2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte ao constatar un solapamento con zonas de concentración parcelaria, adaptándoo á planimetría do proceso de concentración, estimando a inexistencia de variación substancial da superficie do monte. Tendo en conta o anterior, o monte Chá, Serra das Dúas Pequenas, Lama de Grelos, Llanada da Serra, Serrón de Abaixo, Serrón de Arriba, Fompuñín e Trasdaserra queda cunha superficie de 188,42 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte de Argomoso (expediente 6/98), pertencente aos veciños da parroquia de Argomoso, do concello de Mondoñedo, clasificado polo xurado con data do 15 de xuño de 1999. Con data do 16 de maio de 2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte ao constatar un solapamento con zonas de concentración parcelaria, adaptándoo á planimetría do proceso de concentración, ao considerala mais fiable e precisa. Tendo en conta o anterior, o monte de Argomoso queda cunha superficie de 169,659 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte de Guntín (expediente 142/75), pertencente aos veciños da parroquia de Guntín, do concello de Guntín, clasificado polo xurado con data do 14 de decembro de 1976. Con data do 2 de outubro de 2017, tivo entrada escrito presentado por Abel Durán Durán como representante da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Con data do 16 de maio de 2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (nº 83/17) para o monte, existindo un solapamento con zonas de concentración parcelaria, adaptándoo á planimetría do proceso de concentración, estimando a inexistencia de variación substancial da superficie do monte. Tendo en conta o anterior, o monte de Guntín queda cunha superficie de 88,994 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte de Xestoso (expediente 3/84), pertencente aos veciños do lugar de Xestoso, da parroquia de Fontaneira, do concello de Baleira, clasificado polo xurado con data do 27 de maio de 1985. Con data do 2 de outubro de 2017, tivo entrada escrito presentado por Alberto Pin Álvarez como representante da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Con data do 4 de maio de 2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (nº 68/17) para o monte ao constatar un solapamento con zonas de concentración parcelaria e tendo en conta a revisión con propiedades particulares proposta pola comunidade, estimando a existencia dun incremento substancial da superficie do monte. Tendo en conta o anterior, o monte de Xestoso queda cunha superficie de 380,434 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte de Barantes (expediente 13/75), pertencente aos veciños da parroquia de Barantes no termo municipal de Sober, e clasificado como veciñal en man común pola Resolución do Xurado Provincial con data do 31 de xullo de 1975. Con data do 14 de decembro de 2017, tivo entrada escrito presentado por Manuel Verao Pérez como representante da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Con data do 29 de maio de 2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (nº 86/17) para o monte de Barantes, quedando cunha superficie de 96 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía (tendo en conta a avinza coa comunidade de Bolmente). Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte de San Xoán, (expediente 25/75), pertencente aos veciños da parroquia de San Xoán de Lagostelle, do concello de Guitiriz, clasificado polo xurado con data do 31 de xullo de 1975. Con data do 21 de xuño de 2017, tivo entrada escrito presentado por Antonio López Arias, como representante da comunidade (modificado con data do 23 de outubro de 2017) en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Con data do 23 de marzo de 2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (nº 40/17) para o monte de San Xoán, quedando o monte cunha superficie de 1.108 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Toxoso (expediente 128/79), pertencente aos veciños da parroquia de Samarugo, do concello de Vilalba, clasificado polo xurado con data do 1 de decembro de 1980. Con data do 4 de decembro de 2017, tivo entrada escrito presentado por Humberto Rouco Paz, como representante da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Con data do 23 de marzo de 2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (nº 25/17) para o monte Toxoso, realizando algunhas matizacións con respecto á proposta da comunidade e quedando o monte cunha superficie de 329 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte de Santo Estevo (expediente 35/75), pertencente aos veciños da parroquia de Santo Estevo de Parga, do concello de Guitiriz, clasificado polo xurado con data do 25 de agosto de 1975. Con data do 26 de xuño de 2017, tivo entrada escrito presentado por Celestino Fernando Roca Arenas, como representante da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Esta solicitude foi modificada e completada con datas do 25 de outubro de 2017 e do 19 de febreiro de 2018. Con data do 28 de febreiro de 2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (nº 46/17) para o monte de Santo Estevo, quedando o monte cunha superficie de 456,89 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte de Vilartatín (expediente 18/82), pertencente aos veciños de Vilartatín, da parroquia de Ribeira, do concello de Cervantes, clasificado polo xurado con data do 18 de abril de 1983. Con data do 10 de xullo de 2017, tivo entrada escrito presentado por Amable Blanco Bermúdez, como representante da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Esta solicitude foi modificada con data do 25 de outubro de 2017. Con data do 24 de abril de 2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (nº 52/17) para o monte de Vilartatín, quedando o monte cunha superficie de 73,5 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Argán de Moncelos (expediente 122/77), pertencente aos veciños de Argán de Moncelos, da parroquia de Moncelos, do concello de Abadín, clasificado polo xurado con data do 30 de outubro de 1978. Con data do 7 de agosto de 2017, tivo entrada escrito presentado por Magín Rus González, como representante da comunidade, en que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Con data do 18 de abril de 2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (nº 42/17) para o monte Argán de Moncelos, quedando o monte cunha superficie de 70,4 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 29 de xuño de 2018

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo