Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2018 Páx. 33509

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, de convocatoria de asemblea para a constitución da xunta xestora do monte abertal de Ernes, do concello de Negueira de Muñiz (Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 45.3 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, convócase os posibles copropietarios á asemblea para a constitución da xunta xestora do monte abertal de Ernes, situado na parroquia de San Pedro de Ernes, no concello de Negueira de Muñiz.

Día: 25 de agosto de 2018.

Hora: 11.00 horas, en primeira convocatoria (11.30 horas, en segunda).

Lugar: bar Centro na Veiga do Pumar, parroquia de Momán.

Concello: Cospeito.

Orde do día:

1. Cambio de nome ou denominación.

2. Aprobación de estatutos.

3. Constitución da xunta xestora.

4. Rolda de intervencións.

Lugo, 29 de xuño de 2018

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo