Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2018 Páx. 33480

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Segunda)

EDICTO (RSU 4644/2017).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 4644/2017

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 20/2016. Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrente: Ramón Pérez Alonso

Avogado: Javier de Cominges Cáceres

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Pesca Chile, S.A., Antartic Sea Fisheries, S.A., Nueva Pescanova, S.L., Freiremar, S.A., Naviera Lanzaroteña, S.A., Pescanova, S.A., Novapesca Trading, S.L., Isla Graciosa Limitada Sudáfrica

Avogados: letrado/a da Seguridade Social, letrado/a da Tesouraría da Seguridade Social, Ricardo Estrada Ibars, Mohamed El Hajoui El Hajoui, Mohamed El Hajoui El Hajoui, Ricardo Estrada Ibars

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4644/2017 desta sección, seguido por instancia de Ramón Pérez Alonso contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Pesca Chile, S.A., Antartic Sea Fisheries, S.A., Nueva Pescanova, S.L., Freiremar, S.A., Naviera Lanzaroteña, S.A., Pescanova, S.A., Novapesca Trading, S.L. e Isla Graciosa Limitada Sudáfrica, sobre xubilación, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que, estimando parcialmente o recurso de suplicación interposto por Ramón Pérez Alonso contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, con data do 13 de xuño de 2017, debemos revogar e revogamos a dita resolución e, con estimación parcial da demanda, debemos declarar e declaramos o seu dereito á pensión de xubilación na porcentaxe do 94,30 % da base reguladora de 1.912,62 euros, e condenamos as entidades xestoras demandadas, Instituto Social da Mariña e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a que anticipen a dita pensión, e solidariamente as empresas demandadas, Pescanova, S.A., Novapesca Trading, S.L., Pesca Chile, S.A. e Antartic Sea Fisheries, S.A., a que constitúan o capital custo ante a dita xestora pola diferenza entre a base reguladora recoñecida de 1.649,88 euros e a que estimamos de 1.912,62 euros coas revalorizacións e melloras que regulamentariamente correspondan. E coa absolución de Naviera Lanzaroteña, S.A.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez (10) días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo da devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lles sirva de notificación en legal forma Pesca Chile, S.A., Novapesca Trading, S.L., Antartic Sea Fisheries, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza