Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2018 Páx. 33478

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 852/2018-M).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 852/2018

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 341/2017 Xulgado do Social número 3 de Ourense

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 852/2018 desta sección, seguido por instancia de Francisco Fernández González contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ferlosa, S.L., Mutua Universal Mugenat, Concello de Quiroga, Admón. concursal Ferlosa (José Benito López Ferreira), Mutua Asepeyo, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Diego Garrido Rodríguez, que actúa en nome e representación de Francisco Fernández González, contra a sentenza do 8 de novembro de 2017, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Ourense, en autos 341/2017, seguidos por instancia da parte recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ferlosa, S.L., o administrador concursal de Ferlosa, o Concello de Quiroga e as mutuas Asepeyo e Universal Mugenat, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución impugnada.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez (10) días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Ferlosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza