Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2018 Páx. 33204

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 10 de xullo de 2018 pola que se establecen as normas que rexerán a concesión das axudas destinadas a sufragar os danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís, derivados da explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018, segundo o Decreto 55/2018, do 31 de maio, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados pola explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018.

BDNS (Identif.): 407786.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

As persoas físicas ou xurídicas, titulares dos establecementos comerciais, mercantís, industriais e turísticos en que se producisen danos derivados directamente da explosión.

Segundo. Obxecto

As axudas outorgaranse de forma directa e teñen por obxecto sufragar os danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís, derivados da explosión de material pirotécnico producida en Tui, o 23 de maio de 2018.

Terceiro. Normas polas que se rexen as axudas

Resolución do 10 de xullo de 2018 pola que se establecen as normas que rexerán a concesión das axudas destinadas a sufragar os danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís, derivados da explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018, segundo o Decreto 55/2018, do 31 de maio, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados pola explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018.

Cuarto. Importe

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1-741A-7706 e por un importe de 600.000,00 € con cargo ao ano 2018.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2018

Pablo Casal Espido
Secretario xeral do Instituto Galego de Promoción Económica