Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2018 Páx. 33252

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se acorda publicar a Resolución do 28 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, sobre cesión de terras sobrantes na zona de concentración parcelaria da Órrea-Galegos (Riotorto) ao Concello de Riotorto.

O acordo de concentración parcelaria da zona da Órrea-Galegos (Riotorto-Lugo) foi aprobado pola dirección xeral competente por razón da materia, o 25 de febreiro de 2011, foi publicado e notificado na forma legalmente establecida e na actualidade está pendente de firmeza.

Con posterioridade a estes actos, o Concello de Riotorto solicitou a cesión da titularidade dos predios que a continuación se indican para os fins que se sinalan:

Predios nos 45, 118, 289, 362-1, 436, 465, 579, 589, 706, 737, 751, 837-1, 859 e 899 para depósitos de madeira.

Predios nos 82, 625, 626, 1178 e 1179 para campo da festa.

Predios nos 252 e 290 para contorno das fontes públicas.

Predios nos 521 e 734 para depósitos de plásticos.

Predio nº 1367 para a escola de Galegos.

Predios nos 1027 e 1042 para depósitos de auga.

Predio nº 1295 para aparcadoiro.

Vista a proposta da Xunta Local da zona, a disposición transitoria primeira da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia; a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973; a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro; a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras; a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais disposicións vixentes de aplicación ao caso.

Á vista dos destinos para os cales se solicitan os referidos predios, e respecto dos que son perfectamente subsumibles no suposto recollido no artigo 32 da dita lei galega, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Modificar o acordo de concentración parcelaria da zona da Órrea-Galegos (Riotorto-Lugo), no sentido de adxudicar ao Concello de Riotorto a titularidade dos predios nos 45, 118, 289, 362-1, 436, 465, 579, 589, 706, 737, 751, 837-1, 858, 899, 82, 625, 626, 1178, 1179, 252, 290, 521, 734, 1367, 1027, 1042 e 1295- que causan baixa no fondo de terras da zona- para seren destinados aos fins que se recollen na parte expositiva desta resolución.

Segundo. Transcorridos cinco anos desde a cesión das propiedades, sen que os predios fosen destinados aos fins para os cales son adxudicados, a titularidade dos referidos predios reverterá sobre o fondo de terras ou masa común da zona, o patrimonio da Comunidade Autónoma, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou outra entidade que corresponda, segundo o caso.

Lugo, 26 de xuño de 2018

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo