Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2018 Páx. 32898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 21 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os requirimentos de documentación nos procedementos BS650G e BS650A, competencia desta xefatura territorial (expediente 150048899 e cinco máis).

En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos requirimentos de documentación no último domicilio dos interesados, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles os actos ás persoas citadas no anexo I para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga , nº 9, 1º andar, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas para teren coñecemento íntegro do contido dos requirimentos, e advírteselles que, no caso de non compareceren, se terán por notificadas para todos os efectos.

Por ser documentación imprescindible para continuar co procedemento, no caso de non presentala por causa imputable ao interesado, son advertidos das consecuencias do seu incumprimento ao abeiro do disposto no artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, de desenvolvemento da Lei 26/1990, do 20 de decembro, sobre prestacións non contributivas da Seguridade Social.

A Coruña, 21 de xuño de 2018

Mª Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS650G.

Interesado/a

DNI/NIE

Nº de expediente

Data

Documentos

Caamaño Formoso, Manuela

*****917Q

BS650G150048899

1.3.2018

1

Pérez Martínez, Francisca

*****465K

BS650G150011215

2.3.2018

2

Procedemento BS650A.

Interesado/a

DNI/NIE

Nº de expediente

Data

Documentos

Borja Conchado, Mariana

*****467F

BS650A150020014

28.2.2018

2

Doldan Mella, Iván

*****154E

BS650A150018516

20.2.2018

3

Pombo Torres, Jaime

*****621Q

BS650A150064899

2.3.2018

4

Roa Carballo, Charita

*****624R

BS650A150037713

31.5.2018

5

ANEXOII

Documentación requirida

Descrición do requirimento

D.1

Pensión do estranxeiro

D.2

Convivencia

D.3

Rendementos de traballo

D.4

Renda 2016

D.5

Renda 2017