Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2018 Páx. 32896

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 21 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se lles notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública para a modificación do parque eólico Cadeira (expediente LU-11/127-EOL).

A empresa Norvento Eólica, S.L. formulou a solicitude de declaración de utilidade pública para a modificación do parque eólico Cadeira, sito nos concellos de Trabada, Riotorto, A Pontenova, Lourenzá e Mondoñedo.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Predio do proxecto nº

Polígono

Parcela

Concello

Interesado

Acto que se notifica

1

1

3076

Riotorto

Descoñecido

Solicitude de utilidade pública

2

1

3075

Riotorto

Descoñecido

Solicitude de utilidade pública

3

1

3011

Riotorto

Descoñecido

Solicitude de utilidade pública