Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2018 Páx. 32895

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Federación de Banca, Aforro, Seguros, Oficinas e Centros de Chamadas da Confederación Intersindical Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos da Federación de Banca, Aforro, Seguros, Oficinas e Centros de Chamadas da Confederación Intersindical Galega.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán estar afiliados e afiliadas na Federación todos os traballadores e as traballadoras dos ámbitos definidos no capítulo I destes estatutos, así como as persoas paradas, xubiladas, prexubiladas ou pensionistas que tivesen o seu último traballo nunha empresa do ámbito funcional da Federación.

Asinantes: Xosé Manuel Godoy Varela, María Louro Noceda, Carlos Duli Diniz, Xosé Miguel Fernández Vázquez e Xosé Ramón González Losada.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2018

A secretaria xeral de Emprego
P.A. (Disposición adicional primeira do Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
José Alfonso Marnotes González
Director xeral de Orientación e Promoción Laboral