Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2018 Páx. 32894

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito de estatutos da Asociación Empresarial de Festivais de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais se acordou depositar, con data 25 de xuño, os estatutos da Asociación Empresarial de Festivais de Galicia.

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito profesional: a asociación integrará todos os empresarios a título individual, así como as sociedades e outras persoas xurídicas que teñan domicilio fiscal e social no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e cuxa actividade profesional sexa a de organizador de festivais profesionais de música, coa condición de que reúnan os requisitos profesionais, administrativos e legais pertinentes, e o demostren, no ano natural anterior á súa solicitude.

Asinan a acta de constitución: Luis Alberto Campos Alonso, Jorge Lorenzo Couselo e Amador Lorenzo Lemos.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2018

A secretaria xeral de Emprego
P.A. (Disposición adicional primeira do Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
José Alfonso Marnotes González
Director xeral de Orientación e Promoción Laboral