Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2018 Páx. 32893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito de estatutos da Unión Sindical de Docentes de Galicia (USDG).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais, se acordou depositar en data do 25 de xuño de 2018, os estatutos da Unión Sindical de Docentes de Galicia (USDG).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán estar afiliados todas/os as/os empregadas/os da docencia na Xunta de Galicia, fixas ou fixos, temporais, con independencia do seu tipo de contrato, así como todo o persoal que figure nas listas de contratación mesmo non estando en activo, así como todas as traballadoras e traballadores que por causa de xubilación ou incapacidade deixen de depender da Xunta de Galicia, que poderán seguir participando da vida interna do sindicato sen ningunha restrición, coa única condición de que acepten estes estatutos, con independencia das súas crenzas relixiosas, sexo, nacionalidade, ideoloxía ou afiliación política, coa única excepción de que entren en contradición cos obxectivos e principios de USDG.

Asinan a acta: María Concepción Rodríguez Fariña, Andrea Estévez Barreiro, Beatriz López Martín e Iago Trillo Garea.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2018

A secretaria xeral de Emprego
P.A. (Disposición adicional primeira do Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
José Alfonso Marnotes González
Director xeral de Orientación e Promoción Laboral