Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2018 Páx. 32699

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (SSS 564/2015).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento número SSS 564/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Bufarda Promociones, S.L. contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Luz Fraga Fraga e Contratas Teifri, S.L., sobre recarga de prestacións, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Estimo a demanda presentada por Bufarda Promociones, S.L., representada polo graduado social Sr. Besteiro Pérez, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, representado pola letrada da Administración da Seguridade Social Sra. Castro Rebolo, e Luz Fraga Fraga e Contratas Teifri, S.L., ningunha das cales compareceu, e, en consecuencia, anulo, por non ser conforme dereito, a resolución da Dirección Provincial de Lugo do Instituto Nacional da Seguridade Social, do 24 de marzo de 2015 (confirmatoria dunha precedente do 24 de agosto de 2011), e deixo sen efecto o incremento nun 30 % a cargo de Bufarda Promociones, S.L. e Contratas Teifri, S.L. das prestacións da Seguridade Social derivadas do accidente de traballo sufrido por José Luis Castro Novo o 4 de abril de 2008, e condeno as demandadas a se ater a tal declaración.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor, ante este xulgado, recurso de suplicación que resolverá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso de suplicación deberá anunciarse ante este xulgado, por escrito ou comparecencia, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación da sentenza.

Ao anunciar o recurso, deberase xuntar o documento que acredite o ingreso de 300 euros como depósito para recorrer no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento, número 2322-0000-65-0564-15, baixo apercibimento de non tramitar o recurso, salvo que o recorrente sexa traballador, habente causa seu, beneficiario do réxime público da Seguridade Social, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes deles, sindicato ou beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ademais, cando a sentenza condene ao pagamento dunha cantidade, o recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta deberá acreditar, no momento de anunciar o recurso, ter consignado no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento, 2322-0000-60-0564-15, a cantidade obxecto da condena. A consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadoiro no primeiro requirimento emitido pola entidade de crédito.

En caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberase dirixir á conta ES 55 0049 3569 92 0005001274, facendo constar como beneficiario “Xulgado do Social número 1 de Lugo” e como “concepto” o número de conta correspondente ao presente procedemento que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

Expídase testemuño desta resolución para a súa incorporación ás actuacións, con inserción do orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en forma a Contratas Teifri, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 8 de xuño de 2018

O letrado da Administración de xustiza