Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2018 Páx. 32698

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (203/2018).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento 203/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Redondo Silva contra Las Pepas Hostelería, S.L. sobre despedimento, se acorou a citación de Las Pepas Hostelería, S.L., para asistir como demandada aos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Deberá concorrer a tales actos coas probas de que se intente valer e tamén, se a parte contraria o pide e o tribunal o admite, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Debe comparecer o día 16 de xullo de 2018, ás 11.45 horas, na planta baixa, sala 2, Edificio Xulgados, ao acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, en caso de non avinza, ao acto de xuízo.

Prevencions legais.

1º. A incomparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, que continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 da LXS).

2º. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3º. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que intente valerse (artigo 82.3 da LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, en caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

E para que sirva de notificación en legal forma a Las Pepas Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

A Coruña, 13 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza