Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2018 Páx. 32730

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 11 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a resolución de procedencia de reintegro das axudas a persoas traballadoras autónomas, reguladas na Orde do 7 de xullo de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 17 de xullo), relativa ao expediente TR349F 2015/6-2.

Intentada a notificación do acordo da xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, polo que se acorda a resolución da procedencia de reintegro da subvención concedida, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o establecido no artigo 46 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da dita resolución como figura no anexo, para que poida ter coñecemento del.

Contra esta resolución, que pon fín á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativo e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O interesado durante este prazo poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.

Lugo, 11 de maio de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR349F 2015/6-2.

Nome: Francisco Javier Fernández González.

DNI/NIF: 33321635V.

Último enderezo coñecido: r/ Angelo Colocci, 27, 3º A, 27003 de Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal ao traballador contratado por un período mínimo de dous anos.

Precepto infrinxido: artigo 19.8 da Orde do 7 de xullo de 2015, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

Contido da resolución: procedencia de reintegro ditada o 21 de marzo do 2018 pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo.