Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2018 Páx. 32728

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade ao anuncio da Xunta Electoral da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Servizos de Ourense.

Por petición da Comisión Xestora da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Servizos de Ourense, a Dirección Xeral de Comercio e Consumo, como órgano tutelante da devandita cámara, dispón, coa finalidade de darlle a debida publicidade, publicar o anuncio da Xunta Electoral con data do 27 de xuño de 2018, que a continuación se transcribe:

«De conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non sendo posible a práctica da notificación como candidato no sorteo realizado con motivo do proceso electoral para a renovación do Pleno da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Servizos de Ourense a:

Piñeiro Cid, Luis.

Taorsa, S.L.

Rodríguez Chinesta, Mª Carolina.

Gonzalca Siglo XXI, S.L.

Ayman Montajes, S.L.

Diouf Mor.

Salgado Sánchez, Marcos.

Cafetería Liberdade, S.C.

Marilia, S.L.

García Pardo, María.

Herminia Vidal Ocaña, S.L.

Pérez Fernández, Pura.

Requíreselles para que no prazo dun día desde a publicación deste anuncio no BOE, manifesten á Cámara (camara@camaraourense.com) a súa aceptación a ser candidatos, entendéndose que os que non fagan ningunha manifestación nese prazo renuncian a ser candidatos. A aceptación en prazo queda condicionada, de ser o caso, á renuncia ou non aceptación do candidato que saise no sorteo, no mesmo grupo e categoría, nun lugar anterior. Todo iso de conformidade co establecido no artigo 27.2 do Decreto 431/2009, do 19 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Réxime electoral das Cámaras Oficiais de Comercio, Industria e Navegación de Galicia».

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2018

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio e Consumo