Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2018 Páx. 32525

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1013/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento 1013/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Isabel Sánchez Torrado contra a empresa Grupo Firmatel, S.L., Firmagás, S.L., administrador concursal Firmagás, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Resolvo

Que, con desestimación das excepcións propostas pola entidade demandada Grupo Firmatel, S.L., e estimando en parte a demanda interposta por Ana Isabel Sánchez Torrado contra Grupo Firmatel, S.L. e Firmagás, S.L., en situación de concurso, debo condenar e condeno a entidade Firmagás, S.L. a que aboe á parte demandante 4.177,60 €, con absolución de Grupo Firmatel, S.L.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Firmagás, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 8 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza