Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2018 Páx. 32526

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (726/2016).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 726/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Acisgal Obras y Servicios, S.L., sobre ordinario, se ditou Resolución do 8 de xuño de 2018, contra a cal non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo do disposto no artigo 191.3 da LRXS. Faise saber que no citado órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que lle sirva de notificación en forma a Acisgal Obras y Servicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de xuño de 2018

O letrado da Administración de xustiza