Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2018 Páx. 32623

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 26 de xuño de 2018, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a resolución de baixa de oficio e a cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega de varios establecementos.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos titulares dos establecementos da provincia da Coruña que se relacionan a baixa de oficio e a cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega acordada pola Resolución do 4 de maio de 2018.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 de la Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se lle notifica en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 26 de xuño de 2018

A xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
P.S. (Resolución do 9.5.2018)
Modesto Rouco Vilar
Xefe da Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial

ANEXO

Establecemento: Café bar O Refuxo.

Titular: Carlos Martínez Núñez.

Enderezo: rúa Dolores, 79, baixo.

Concello: Ferrol.

Establecemento: Café bar Pub Beauty.

Titular: Pub Beauty, S.C.

Enderezo: rúa Galicia, 9.

Concello: Santa Comba.

Establecemento: Café bar Black Diamand.

Titular: Jessica Mª Lavandeira Rodríguez.

Enderezo: rúa Galicia, 7, baixo.

Concello: Santa Comba.