Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2018 Páx. 32625

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 26 de xuño de 2018, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a Resolución do 4 de xuño de 2018, ditada no expediente sancionador AC-240/17, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non puido efectuarse a notificación.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante a directora da Axencia Turismo de Galicia no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción pola vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG nº 235, do 5 de decembro).

A Coruña, 26 de xuño de 2018

A xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
P.S. (Resolución do 9.5.2018)
Mª Teresa Zas Candame
Xefa da Sección Turismo I

ANEXO

Expediente: AC-240/17.

Denunciada: D’Antón Bar, S.L.

NIF: B70590862.

Establecemento: Pub D’Antón.

Enderezo: rúa Doutor López Astray, 26, baixo esquerda.

Localidade: A Laracha.

Precepto infrinxido: artigo 109.2, alínea a) e b), da Lei 7/2011.

Resolución: 4 de xuño de 2018.

Sanción: multa por importe de douscentos cincuenta euros (250,00 €).